Thursday 02 de May de 2024

“Curso Para o uso de teléfonos intelixentes”


O concello de Fene dende a concellaría de Benestar social e igualdade, leva a cabo o programa de Envellecemento Activo e participación social, no que se enmarca o seguinte curso:
“Curso Para o uso de teléfonos intelixentes”
A aparición destes dispositivos ocasionou un novo entorno de comunicación, que as persoas maiores teñen que asimilar para poder beneficiarse dos servizos que lles axudarán a vivir con maior autonomía persoal e independencia.
Con esta iniciativa, trátase de formar ás persoas maiores no uso dos novos teléfonos móbiles e o acceso a Internet dende os propios teléfonos de cada participante. Se mostrarán as diferentes posibilidades que ofrecen estes dispositivos, como utilizalos, para que nos poden servir e que aplicacións poden usar.
DATA: 24 de marzo de 2017
HORARIO: de 11:00 a 13.00 h.
LUGAR: Aula de cursos do Concello. Avda Naturais – 44 entresollado.
Prazas por orde de inscrición. Prazas limitadas

Actividade aberta a poboación en idade madura, cun límite máximo de 20 prazas. O mínimo para iniciar a actividade é de 10 que se cubriran por orden de inscrición.
Último día para inscribirse o xoves 23 de marzo ás 13.00h, si non se cubriron as prazas con anterioridade a esa data.
ACTIVIDADE GRATUÍTA ABERTA A TODA A POBOACIÓN

Todas aquelas persoas interesadas en participar presentaran a folla de inscrición cuberta no centro municipal de servizos sociais, no teléfono ou caixa electrónica do centro municipal de Servizos Sociais que se indica a continuación

Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS